- Nós

Coñécenos un pouquiño máis e ven a visitarnos!

Temos moi clara a nosa filosofía.
A elección do modelo cooperativo para o noso medio de vida uniunos desde o principio ao compromiso cos seus valores que sempre consideramos fundamentais como a solidariedade, a cooperación, o compromiso social e o respecto por todos os seres vivos.
Estamos aínda máis comprometidos porque somos unha cooperativa rural.

Queremos revivir o rural pero con respecto. Retroceder un pouco e pisar o freo na busca frenética do desenvolvemento e do crecemento infinito. Só queremos crecer como persoas. Sen crear necesidades artificiais que comprometan a vida doutros seres vivos e do planeta.
Queremos un medio de vida digno e axudar a que outros tamén o teñan.

Naturaleza, descanso
e tranquilidade

Estamos nunha aldea do Concello de Guitiriz, no interior da provincia de Lugo, e formamos parte da comarca da Terra Chá. A máis grande de Galicia e cun carácter moi marcado.

Na cooperativa Das Aradas adicámonos a ofrecer aloxamento a aqueles que buscan tranquilidade e contacto coa natureza dende
o respecto e o interese por coñecela mellor.

Pensamos que a nosa localización é ideal. Estamos no campo, pero a tan só 5 km das principais vías de comunicación: N-VI, autoestrada A-6 e estación de tren.

Cómo chegar?

Tamén organizamos actividades: obradoiros artísticos e sendeirismo. Onde o fío condutor é a divulgación ambiental. Preocúpanos moito a conservación e o respecto polo patrimonio natural e cultural e tratamos de transmitir estes valores.

A nosa idea é compartir os espazos que temos. Xardín, recunchos tranquilos para ler un libro ou practicar meditación ou simplemente sentarse debaixo dun cabalo e gozar.

Estes son os nosos principios. Se non che gustan NON temos outros

Somos ecolóxicamente sostibles
Xeramos equidade entre persoas, cidades e comunidades
cremos na economía social e solidaria
promovemos a cooperación en todos os ámbitos, públicos e privados
estamos comprometidAs co medio ambiente
Apoiamos o desenvolvemento dun turismo respetuoso

Formamos parte de REAS Galicia

REAS (Rede de Economía Alternativa e Solidaria) Red de Redes somos un conxunto de entidades e iniciativas que poñemos en práctica os principios da economía alternativa e solidaria.